Monday 29 de April de 2024

Muxía presenta os campamentos de verán coa mirada posta no cumplimento das medidas sanitarias


A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos, á que acudiron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Olalla Benlloch concelleira de Xuventude e Igualdade e técnicos da administración muxiá con competencias nas áreas de deporte, medio ambiente e igualdade.
O Concello de Muxía presentou esta mañá os campamentos de verán coa mirada posta no cumplimento das medidas e recomendacións socio sanitarias pola crise da COVID-19. Á presentación, que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Consistorio, acudiron o alcalde, Iago Toba; a concelleira de Igualdade e Benestar Social, Olalla Benlloch concelleira de Xuventude e Igualdade e técnicos da administración muxiá con competencias nas áreas de deporte, medio ambiente e igualdade.
Esta edición ‘será singular, xa que se extremarán as precaucións para evitar contaxios. A rapazada estará acompañada en todo momento por persoal especializado e será dividida por grupos pequenos’, comentou o alcalde, Iago Toba.
Haberá 9 nenas e nenos por quenda, repartidos por grupos en función das súas idades.
O período de inscrición estará aberto ata o 9 de xullo, aínda que si fose necesario, este abano ampliarase. Estará articulado baixo tres eixes fundamentais: o deporte, a igualdade e o medio ambiente. Así, os nenos e nenas poderán gozar de actividades como punto de cruz, obradoiros de cociña e de chapas, conta contos ou creación de pancartas, entre outras. A primeira quenda de celebración destes campamentos irá desde o 13 de xullo ao 24 do mesmo mes e a
segundo do 27 de xullo ata o 7 de agosto. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Olalla Benlloch, sinalou que ‘é un tempo difícil para organizar actividades como estas, pero primará a seguridade por riba de todo o demais. A conciliación na época estival é algo fundamental, e cremos que o mellor método de facelo é o que aquí presentamos hoxe’, aportou a edil.
Pola súa banda, o alcalde, Iago Toba, sinalou que ‘decidimos artellar estes campamentos con tres piares fundamentais, ou así o deben ser, na nosa sociedade: a igualdade, o deporte e o coidado do medio ambiente. Cremos nunha educación igualitaria e de calidade, sendo estes campamentos unha boa proba diso’, comentou.